Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O SXG denuncia un ERE encuberto na Axencia EFE en Galicia

Dende o sindicato fannos chegar este comunicado, que reproducimos, íntegro, no Open Vieiros.

Enviada por redaccion redaccion o 01/04/2009 11:57

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia que a Axencia EFE está a facer máis precario o traballo dos seus correspondentes no que en realidade é un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) encuberto. Dende hoxe EFE elimina o fixo mensual destes traballadores, que pasan a ser autónomos e cobrar unhas tarifas irrisorias por cada noticia, entre 7 e os 16 euros a peza.

Os correspondentes xa cobraban unha cantidade moi reducida, que en moitas ocasións non chegaba aos 600 euros ao mes. Agora, teñen que converterse en falsos autónomos –pagando uns 270 euros ao mes– e só cobrarán en función das pezas enviadas.

Mobilizacións co apoio do SXG
A empresa reservase o dereito de decidir cantas novas publícanselle ao correspondente e cantas non e, polo tanto, canto cobra ao mes. Poderíase chegar o caso de alguén que non logre cubrir os gastos de autónomo. Os traballadores xa anunciaron que van tomar as medidas laborais e xudiciais se EFE non mantén o sistema de facturación vixente desde hai décadas. O Sindicato de Xornalistas de Galicia apoiará estas mobilizacións ante as degradantes e insultantes condicións impostas por EFE sen negociar.

300 euros ao mes por traballar para EFE
A situación é tan grave que a maioría dos correspondente quedarase sen traballo por esta medida que, en realidade, é un ERE encuberto. O certo é que, por moito que EFE tente vender esta precarización unilateral como un “novo formato laboral”, no mellor dos casos os correspondentes sacarán limpos 300 euros ao mes. E iso no caso de que non collan vacacións e deixen informacións en neveira para os festivos.

Quitarlle o traballo aos gráficos para sobrevivir?

A única solución que aportan os máximos responsables da Axencia en Galicia os correspondentes (algúns deles cunha traxectoria de máis de 15 anos de traballo para a empresa) é que comecen a enviar tamén cortes de son e incluso vídeos. Así, a axencia non fai ningunha inversión (xa que non se lle facilitaría ós traballadores material para recoller audio nin vídeo) e obtén, a cambio, un beneficio total. A isto habería que engadirlle o feito de que se lle está a retirar a carga de traballo a outros compañeiros do audiovisual que poderían facer esas labores.

Un medio participado polo Estado

Os correspondentes de Efe queren destacar que sen eles, a axencia perderá o seu principal patrimonio, que é chegar onde ningún outro medio o fai a través dunha extensa rede de profesionais. Precarización que se dá, ademais, nun medio no que participa o Estado, do que recibe fortes subvencións, a través da SEPI e que presume de ser a cuarta axencia de noticias no mundo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: