Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Profesor-substituto sancionado co despido por reclamar as aulas de Matemática en galego.

http://www.cntgaliza.org/

Enviada por Pirucha Pirucha o 24/03/2009 00:12

O compañeiro Brais (CNT-COMPOSTELA) profesor-substituto de Matemática, traballou durante o curso 2007-2008 en diversos institutos da Galiza, mas foi no IES “Manuel Murguia” de Arteixo que traballou por espazo de 15 dias, do 8 ao 23 de Abril de 2008, onde ao reclamar que as aulas de Matemática debian-se dar en galego, como corresponde por lei, no decreto 124 do 2007 sobre o uso do galego no ensino, provocou un proceso no que foi condenado por 4 faltas graves, a un total de 25 dias de sanción e un apercibimento, o que na prática acarreou a sua expulsión das listas da Consellaria de Educación. Primeiro reclamou o uso do galego nas aulas no Departamento de Matemática do Instituto; os libros estaban en castellano e é obrigatório na ESO que sexan en galego, mas como non chegaban a un acordo, acudiu à Chefa de Estudos do “M. Murguia” que en vez de facer-se eco das reivindicacións do noso compañeiro, o que fixo foi acusá-lo de entrar airadamente na Chefia de Estudos e denunciá-lo perante a Inspección de Educación, precisamente o organismo que debería velar polo “cumprimento” do decreto do Galego. E aqui comeza un proceso kafkiano. O compañeiro Brais é citado en Setembro de 2008 pola inspectora-instrutora -quen en todo o proceso dirixiu-se a Brais “en castellano”-, para responder a unhas perguntas sobre a sua permanéncia no IES “Manuel Murguia”, ao que o compañeiro contestou sen problema algun, pois consideraba que durante eses quince dias que estivera no Instituto non tivera nengun acontecemento salientábel. Inicia-se un proceso que dura cuase seis meses e que rematará coa expulsión do compañeiro das listas de interinos e sustitutos de Matemática, no entanto non haxa oposicións, fechando a posibilidade que o compañeiro Brais poda traballar até entón. Brais foi acusado de 4 faltas graves:
1ª Por reclamar que as aulas se deran en galego. Esta acusación foi convertida moi sibilinamente por parte da Chefa de Estudos e logo pola inspectora-instrutora en “unha acusación de Brais cara a profesora que estaba a substituir”, convertindo-a en falta grave por non ter respeito e consideración cos compañeiros.
2ª Por “entrar na Xefatura de Estudos coa gorra posta”, incumprindo un regulamento de orde interna, que non figura en ningures no instituto.
3ª Por lle dicer a un ex alcalde de Arteixo e profesor de Matemática, despois da charla no Departamento, que “non tiña educación pois o deixara coa palabra na boca”, despois de falar sobre se un profesor é bon ou mau por dar as aulas en castellano ou en galego, cando non era ese o tema da conversa, que era e segue a ser que as aulas de Matemática teñen que se dar en Galego´.
4ª E a última mais incríbel situación, se cabe, foi a de utilizar o blog de Brais, para acusá-lo de manipular aos alunos e alunas, pois nese blog Brais manifesta que a polícia non debia ter entrado “de paisano” no centro cacheando aos rapaces e raparigas como se fosen delincuentes e que non se pode confundir educación con represión. Ben, aqui temos que facer un ponto aparte, alguén do centro escolar utiliza a un membro dun instituto armado para conseguir os ips (os enderezos electrónicos) dos alunos que entraran no blog de Brais, para facer algun comentário ao respecto ou sobre calquer outro asunto do seu interese. En todo o proceso o compañeiro Brais foi submetido a unha total indefensión convertendo un simples desacordo no Departamento do IES “Manuel Murguia” de Arteixo, onde o noso compañeiro leva a razón, (polo menos de momento, pois esperan tempos difíceis para o Galego), en 4 faltas graves que provocan o despido do compañeiro, mercé á intervención dos CC.OO. CSIF e ANPE, que firmaron de costas aos ensinantes unha addenda, pola que se aplicaba aos interinos ou substitutos a sanción de borrá-los das listas no caso de falta. Todo isto en época de governo bipartito progresista e galego, pola intervención dun corpo de inspectores, os mesmos de sempre, que desde o primeiro momento utilizou ao noso compañeiro como “cabeza de turco”. A Brais considerou-se-lle en todo momento culpábel polo seu “aspeito”, porque “parecia un aluno pasota” e porque “parecia un inspector de Galego”. A todo isto engadimos o ambiente autoritário e desgaleguizador que rexe nalgúns institutos da Galiza e desde logo no de Arteixo. Cómo entender que a reclamación do cumprimento da lei, que obriga a dar as aulas de Matemática en galego, remate en sancións? Cómo entender a postura adoitada pola dirección e o departamento de Matemática do devandito Instituto senón como unha mostra de desprezo cara a norma oficial e un indisimulado desprezo ao idioma galego? Cómo entender as sancións impostas senon é polo autoritarismo e represión que rexe o ensino en algúns institutos, onde quen se atreva a “disentir” ou protestar polo trato dado aos alunos e alunas ao permitir (e chamar) á policia no instituto e cachear aos rapaces, pervertindo a chamada “Lei de Convivencia”?. Cómo entender as sancións impostas ao noso compañeiro Brais senon como a represalia exercida sobre un profesor galego falante que, no seu pleno dereito e cumprindo coas normas, quere dar as súas áulas en idioma galego? Esta organización sindical, a CNT, levará o caso ás máis altas instancias e denunciará ás persoas que tan grave dano teñen ocasionado a este compañeiro.
Readmisión nas listas do compañeiro Brais ! Supresión da Addenda do 11/6/2006 ao acordo de 20/6/1995 ! http://www.cntgaliza.org


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: