Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Humillación no Pazo dos Deportes de Ourense

Un lector enviou esta crónica na que conta como foi expulsado do Pazo dos Deportes de Ourense, durante o partido de baloncesto da selección española e a arxentina, "pola policía nacional española, simplemente por pendurar unha badeira galega nunha varanda".

Enviada por redaccion redaccion o 31/07/2008 18:15

Quixera denunciar neste xornal o pésimo e vexatorio trato que me deron as forzas de in"seguridade" españolas (policía nacional) polo simple feito de colgar unha bandeira galega coa estrela vermella "Estreleira" no partido que xogou a selección española contra a arxentina o pasado sábado 26 de Xullo (un día despois do día de Galiza).

Nada máis chegar colguei a bandeira na varanda superior dunha das portas de acceso á cancha, así me serviría tamén para que a xente coa que quedara me localizara facilmente xa que o pavillón estaba ateigado. Cando nos xuntamos todos, eu marchei cun amigo ó bar por bebida e lambonadas para ver o partido, pero cando volviamos decateime que a bandeira non estaba. Estaba arrincada, porque os lazos si que estaban. Entón díxenlle a tres policías que había polo corredor superior que me roubaran (arrincaran) a bandeira de Galiza. O primeiro que me dixeron foi "Esa bandera no es gallega" (era el o que non era galego, pero iso é o de menos). Logo, pedinlle que ma devolveran se facían o favor, sen querer entrar en máis polémicas. E entón díxome que estaba destruída, xa que esa bandeira incitaba á violencia.

Entón, abraiado, pedinlle que me devolveran os 10 euros que valera. A súa reacción foi empurrarnos do seu carón. Pero cando empurraron ó meu amigo, este ficou cos pés firmes no chan e o policía non o deu movido, como tiña as consumicións na man, ó policía caeulle cervexa na súa camisa. Foi por este detalle polo que decidiron expulsar ó meu amigo do Pazo. Chamaron reforzos polos comunicadores, e de seguido subiu correndo un policía que ía vestido co traxe azul (eles ían con pantalón negro e camisa branca), Debía ser o seu superior e díxolle que xa tiñan ós da "bandera gallega". Este home, coa axuda dos outros tres policías, expulsounos do Pazo dos deportes sen ningunha xustificación. Pedíronnos os DNI. Nós a eles o número de placa. Non nolo deron.

O meu amigo púxose moi nervioso porque tiña ó seu irmau menor ó seu cargo na grada e non o podía deixar só. Tamén nos chamaron borrachos só polo simple feito de levar unha cervexa cada un. Tratáronnos fatal e roubáronnos as nosas consumicións. Aínda que no segundo cuarto acabamos entrando grazas á mediación dun amigo avogado. Iso si, eles non nos deron o seu número de placa. Foron uns auténticos maleducados. Estou pensando en pór unha denuncia contra eles. Vergoñento.

O sábado pasado fomos expulsados do partido de baloncesto España-Arxentina no Pazo Paco Paz de Ourense pola policía nacional española, simplemente por pendurar unha badeira galega nunha varanda. Incríble!

Iván Xusto Álvarez


5/5 (28 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: