Achegámoslles a carta aberta da Asociación Cultural Fuco Buxán ao Ministerio de Traballo.
D. Jesús Caldera Sánchez-Capitán
Ministro de Traballo e Asuntos Sociais Madrid
Sr. Ministro:
A Asociación Cultural “Fuco Buxán” celebrou, durante os meses de febreiro e marzo do pasado ano, diversos actos que constituíron a Homenaxe Galega a Isaac Díaz Pardo, Socio de Honra desta Entidade, poñendo de manifesto os méritos que esta personalidade da vida cultural, social e empresarial atesora, a través de mesas redondas, conferencias, exposición, publicación dun libro-homenaxe, e que culminaron nun gran acto público, celebrado no emblemático Teatro Jofre de Ferrol, con asistencia de representantes institucionais, sociais e culturais de Galicia. .
Neste contexto e como parte esencial da homenaxe, esta Asociación Cultural iniciou os trámites pertinentes para que por ese Ministerio fóselle concedida a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, solicitude que asinada polo Presidente da mesma e avalada polos representantes das máis altas institucións de Galicia, cursamos, a través da Delegación do Goberno da Coruña o 14 de xaneiro de 2007.
É xa que logo para esta Asociación unha enorme satisfacción a resolución favorable á concesión, que a proposta dese Ministerio, aprobou o Consello de Ministros o pasado 8 de Decembro, motivo polo cal manifestámoslle o noso agradecimiento .
Lamentamos non poder facelo personalmente, o pasado día 28 na Coruña, xa que - malia ser esta Asociación a promotora e xestora da iniciativa - non foi invitada ao acto de imposición.
Sentimos que unha total falta de cortesía e consideración por parte da Delegación do Goberno da Coruña, organizadora do acto, excluíunos de estar presentes nel como era o noso desexo e entendemos sería de xustiza .
Reiterando o noso agradecimiento pola concesión, manifestámoslle o noso respecto e consideración.
Ferrol, 30 de Diciembre de 2008.
fuco buxán
Asociación Cultural
Asina, Manuel Angel Rodríguez Carballeira, Presidente