Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Gadis en galego 100%! Obxetivo: CiberIrmandade. Envía o teu prego

O grupo Gadis sorprendeunos recentemente cunha campanha publicitaria onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a "vivir como galegos", resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais.

Enviada por KikodasLeiras KikodasLeiras o 26/11/2007 23:15

Desde a Ciberirmandade entendemos que a "vivir como galeg@s" elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio.

Valoramos moi positivamente o proceso de galeguización de Gadis no último ano, e queremos animar a empresa a que siga con el até abranguer todos os eidos da empresa, desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, a atención ao cliente do persoal da empresa até a web do supermercado virtual, www.gadisline.com, que continua integramente en castelán.

Por elo convidámoste a enviarlles un correo no que os parabenices e animes pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma.

Envía o prego dende:

http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,101/

Graciñas por colaborare!

Texto de prego dispoñíbel en norma AGAL e RAG:

Estimada/o responsábel do departamento de atención ao cliente:Quero facerlle chegar os meus parabéns polos recentes avances na galeguización de distintos eidos da súa cadea de supermercados publicidade impresa, campaña de radio de TV "vivamos como galegos", ou na súa páxina web www.gadisa.es que até fai ben pouco non podía consultar na miña lingua.

Como cliente e cidadán gustaríame animalos a seguir adiante con este proceso de normalización da lingua galega e darme tamén a opción de poder acceder ao seu supermercado virtual,www.gadisline.com, así como as distintas sinalizacións (seccións, etiquetaxes, cuartos de banho caixa) dos seus establecementos en idioma galego.

Da mesma maneira considero elemental ser atendido en galego polos dependentes que conforman o persoal da súa empresa.Sen máis, reiterando os meus parabéns polos pasos dados na política lingüística da súa empresa nos últimos meses e recordándolle que a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ofrece desde a súa web un servizo gratuíto de normalización lingüística que fai inexcusábel a falta da opción de galego en calquera das súas páxinas web. Esperando se teñan en consideración as miñas suxestións, reciba un cordial saúdo.

infoxeral@ciberirmandade.org

http://www.ciberirmandade.org/


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: