O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) publicará por segunda vez un calendario cunha mostra das mellores fotos do ano na Comunidade. Tras o éxito da publicación do ano pasado, o SXG fai un chamamento a todos os profesionais interesados en colaborar nesta iniciativa.
Entre todas as fotografías recibidas, a Executiva do SXG seleccionará doce imaxes para incluír no calendario. Aínda que a temática é libre, as imaxes deben retratar dalgún xeito un feito informativo sucedido durante este ano 2007.
Distribución gratuíta
Unha vez elaborado, o calendario será repartido de xeito gratuíto entre todos os afiliados do SXG e os traballadores da comunicación que así o soliciten, tal e como sucedeu o ano pasado.
As persoas interesadas en participar deben enviar as súas imaxes o antes posíbel aos correos electrónicos sindicatoxornalistas@ gmail.com e j.lores@ya.com. En ningún caso o arquivo, en formato jpeg, debe superar os 420kb. Cómpre remitir, ademais, o nome do autor, o medio para o que traballa e un pé de foto.