O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabodano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista. A primeira das ofrendas terá lugar os sábado 13 de outubro ás 19:30h, ao pé do monumento que se ergueu na súa memoria en Baredo. Un acto breve no que participaran familiares e autoridades municipais do Val Miñor.
A segunda das ofrendas terá lugar o domingo 14 de outubro, ás 13h (unha do mediodía) na punta do peirao de Panxón. Está prevista a participarán dos familiares e autoridades municipais de Nigrán.
A volta dos nove foi un dos feitos máis tráxicos da terrible represión que se iniciou co golpe de estado do 18 de xullo de 1936.
Na amañecida daquel día 15 de outubro de hai sete décadas foron vilmente asasinados:Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso "O Ghonda", Manuel Francisco Lijó Pérez "O Lijó" , Modesto Fernández Rodríguez "O Rei Chiquito", Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González "O Pelonio", Manuel Barbosa Durán "O Ferreiro do Burgo" , Generoso Valverde Iglesias.
Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.
Neste setenta e un aniversario os familiares, a Comisión Volta dos Nove e o Instituto de Estudos Miñoranos van celebrar unha ofrenda floral. Unhas homenaxes que simbolizan os valores de pluralidade e democracia que lles foron arrincados ao pobo, como aos nove veciños as súas vidas, polos que se ergueron en armas contra a República democrática.
Nestas homenaxes o IEM e a comisión Volta dos Nove queren lembrar tamén "aos outros veciños do Val Miñor aos que a infamia lles arrincou o dereito á vida." Citan a aqueles do que teñen coñecemento:
Emilio Giráldez Rodríguez, O Viso, San Pedro Ramallosa, Nigrán
Miguel Gonçalves Pereira, Sancho, Panxón, Nigrán
Abilio González Pérez, O Viso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
José Vázquez Grela, As Angustias, Nigrán
Luís López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
José López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
Dolores Samuelle Álvarez, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
Manuel Prado Pereira, Panxón, Nigrán
José Cabreira Valverde, Nigrán
Manuel Prudencio del Rosario, Chaín, Gondomar
Abilio Araújo Barbosa, Chaín, Gondomar
Gregorio Manuel Miranda González, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
Telmo Freitas Lima, Panxón, Nigrán
José Millán Alonso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
Joaquín Guisande, Cabreira, Nigrán
José Rodríguez Veiga, Panxón, Nigrán
José Malla, Camos, Nigrán
E tamén aos que non sendo veciños do Val Miñor foron estas terras as que acolleron o seu último alento. Entre eles:
Delmiro Prado Lago, Carrasqueira, Coruxo,Vigo
Edelmiro García Suárez, Caride, Lavadores
Arturo Fernández Cabaleiro, Tui
Francisco Martínez Díaz, O Calvario, Lavadores
Alejandro Bastos Posada,Gandara, Beade,Vigo
Fernando Costas Iglesias, r/ Romil, Vigo
José Comesaña Pérez, Garita, Alcabre, Vigo
Antonio Comesaña Pérez, Cruceiro, Alcabre, Vigo
Emilio Comesaña, Alcabre, Vigo
Manuel Enrique Villar Cimadevila, O Pino, Vigo
Jesús Rodríguez García, Taboexa, As Neves
José María Barreiro Ferreira, Chenlo, O Porriño
Francisco Salgueiro Hermida, Sobreira, Valadares, Vigo
Cándido Veiga Rodríguez, Sello, Cabral,Vigo
Emilio Táboas, Poulo, Teis, Vigo
Américo Trigo,Travesía Bco. España, 10, Vigo
Juan Jesús Garrote Nogueira, r/ Abeleira Menéndez 22, b. Vigo
Carmen Gómez Domínguez, A Bagunda, Lavadores
Baldomero Iglesias de Cabo,Vigo
Jesús Fernández Alonso, Petelos - Mos
Eloy Pereira Fernández, San Miguel de Oia, Vigo
Albino Pedreira Puentes, San Miguel de Oia, Vigo
Manuel Pérez Fernández, r/ Mariana Pineda, 62,
Amante Caride Rodríguez, Cabral, Lavadores,
Duras críticas á desidia do concello de Baiona no último homenaxe.
O director do Instituto de Estudos Miñorános suliñou no útlimo homenaxe ás vítimas, o grande abandono por parte do Concello de Baiona e o incumprimento das súas promesas de colaboración na conservación e finanzamento do pequeno espazo axardinado que arroupa o monumento de Fernando Casás.
Por elo a comisión da Volta dos Nove volveu a solicitar a colaboración cidadá para poder sufragar os gastos dos 20.000 euros que custou o conxunto artístico para os homenaxeados.
Conta de Caixanova 2080 0528 66 0000005960. Comisión Volta dos Nove
Para realizar un donativo por PAYPAL a conta é donativo@minhor.org
Video do 70 cabodano dos 9 de Baredo
http://www.youtube.com/watch?v=Xqs7cfo24Ac
Web do Instituto de Estudos Miñoranos
http://www.minhor.org