Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Bota a andar o proxecto 'Cidades Dixitais'

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo puxo hoxe en marcha en Santiago o proxecto "Cidades Dixitais", unha iniciativa promovida por Telefónica que suporá a expansión da Autopista Galega da Información aos municipios galegos e a implantación de servicios avanzados no medio rural. Este ano comezará unha primeira fase na que participarán os concellos de Ribeira, Monforte, Ourense e Redondela, co que se poden beneficiar preto de 100.000 habitantes. Permitirá aos usuarios acceder a Internet en condicións privilexiadas, dispor de conta de correo, acceso personalizado a servicios e a información. Os concellos serán os principais beneficiarios e directores do proxecto, xa que van coordinar o conxunto das actuacións, promovendo a participación externa, fomentando a súa implantación e divulgación e xerando actividade na rede a través de encontros ou progrmas específicos.

- 11:47 20/07/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: