Sun Microsystems porá a disposición pública a partir do 13 de outubro o código fonte do Star Office, a súa suite ofimática que se pode baixar de balde dende a web. Sun quere darlle así un empurrón a este conxunto de programas (a competencia do Microsoft Office) entre programadores de todo o mundo. O código poderase obter na web OpenOffice.org, e estará baseado na súa versión 6.0. Cifras sobre a súa popularidade? Nos últimos dez meses distribuíronse 15 millóns de copias.
.