Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os efectos sanitarios dos campos electromagnéticos

A comezos de ano celebrouse en Madrid un seminario sobre campos electromagnéticos e saúde, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación e o Colexio Oficial de Físicos de Madrid. Con este motivo, a Asociación de Estudios Xeobiolóxicos (GEA) divulgou un comunicado no que salienta como unha das principais conclusións dos debates do seminario “a urxente necesidade de información veraz que demanda, cada vez con maior forza, a sociedade española”. En Galicia está a medrar a oposición veciñal á instalación de antenas de telefonía móbil e tendidos eléctricos perto de lugares habitados.

- 19:37 13/07/2000
Tags:

GEA louva a decisión do Ministerio de Sanidade “de crear unha comisión nacional, integrada por enxeñeiros, médicos e físicos, para estudiar os efectos das radiacións electromagnéticas sobre as persoas, incluído o posíbel risco derivado do uso do teléfono móbil”.

GEA amosa o “seu total desacordo coa postura oficial adoptada polos responsábeis de compañias eléctricas e telefónicas participantes no devandito seminario coa súa reiterada política de desinformación ao consumidor, a quen nega constantemente a evidencia, cada día mellor probada por foros científicos independentes, dos efectos prexudiciais para a saúde derivados dunha exposición aos campos electromagnéticos orixinados polas súas instalacións de distribución de enerxía eléctrica ou estacións repetidoras de telefonía móbil”.

As investigacións que pretenden demostrar a inocuidade para a saúde humana da exposición a campos electromagnéticos “foron desenvolvidas por laboratorios ou universidades nas que é fácil entrever un nexo, xeralmente de tipo económico” coas compañías eléctricas e telefónicas.

José Luis Bardasano, profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Alcalá de Henares (Madrid), afirma que “unha contaminación electromagnética continuada desaxusta o 'reloxo biolóxico' do ser humano e que as radiacións rompen os ritmos vitais porque inflúen na producción de melatonina, a hormona que segrega a glándula pineal e que actúa, entre otras funcións, como inductor do sono”. As súas investigacións demostraron que a diminución dos índices de melatonina desencadea “trastornos endocrinos, nerviosos e psiquiátricos, ademais de ocasionar alteracións no ritmo celular que poden influír na formación de tumores en persoas predispostas”.

O biólogo molecular e médico John Gofman sostén que “as razóns para prohibir a exposición a carcinóxenos son éticas”. “Se vostede contamina sen saber se existe unha dose segura, vostede está levando a cabo experimentación indebida en persoas sen informalas e sen o seu consentemento... Se vostede contamina sabendo que non existe unha dose segura con respecto a causar máis casos de cancros mortais dos que hai normalmente, entón vostede está cometendo asasinatos aleatorios premeditados".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: