O lexendario músico e candidato por terceira vez ao premio Nobel de Literatura, Bob Dylan, chega a Galicia dentro da súa xira interminable ao redor do mundo. Pero para os que non poidamos achegarnos ao país, tamén ofrece un concerto en Madrid...
É difícil predecir un concerto de Bob Dylan, e máis aínda un repertorio sempre imprevisible. Pero si se centra no último disco "Time out of mind", o seu son achegaranos ao blues de fin de século. Os seus concertos soen compoñerse de 14 ou 15 temas, incluidos os incuestionables bises, nos que frecuentemente se repasan as cancións de toda a súa carreira. Un concerto de Dylan non só é música, tamén é un recital poético dun candidato ao Nobel. A edición de Vieiros dos días 9, 10 e 11 de abril ofrece os links máis interesantes para coñecer a este músico e poeta.
O vindeiro mércores 14 de abril, ás 22:00 horas, no Palacio de Deportes (Avda. Felipe II) e previo pago de 900 pesos.