Hoxe Vilaweb, o diario electrónico catalán, cumpre 5 anos e celébrao publicando a mesma portada que saíu aquel 8 de xuño do 1995 que marcara unha nova etapa na Internet dos países cataláns. Entón chamábase "La Infopista", e agora esta web histórica constitúe unha clara testemuña do moito que avanzou Internet dende aquela. Agora convidan a participar no foro Memòria de VilaWeb e publican un estudio realizado por Jordi Fraginals sobre a presencia do catalán (e das outras linguas) en Internet. A primeira lingua é o inglés, cun 68,39% das páxinas rexistradas, logo o xaponés (5,85%), o alemán (5,77%) e o chinés (3,87%). O galego-portugués sitúase no noveno lugar, co 1,37% das páxinas e o catalán é décimo noveno co 0,14%, mentres que o vasco sitúase no 31 lugar, con tan só o 0,01% das páxinas rexistradas.
.