O coñecidísimo grupo heavy Metallica denunciou a Napster por fomentar a infracción dos dereitos de autor no programa de troca de ficheiros MP3 que leva este nome. Logo o 'raper' Dr. Dre e outros dez artistas ameazaron con seguir o mesmo camiño se o programa non engade de inmediato o xeito de evitar a piratería das súas obras. Por moito que os autores deste software digan que este serve sobre todo para dar a coñecer novos artistas, na práctica permite que soamente se cambien faixas de músicos coñecidos porque é imposible saber os nomes dos novos artistas sen un esquema de directorio.
.