A Comisión Europea (Institucións-UE) ven de convocar unha serie de propostas sobre actividades de sensibilización para propiciar unha maior seguridade no uso de Internet.
O obxectivo principal destas propostas é o fomento de actividades de sensibilización dirixidas aos usuarios, en especial nenos, pais e mestres, para que poidan usar os recursos de Internet con seguridade e confianza, estimulando as actividades destes servizos no fogar e na escola.
Trátase, a través destas propostas, que o acceso aos contidos ilícitos sexa filtrado aplicando sistemas de filtración e calificación que servan de guía e control. Nunha primeira fase identificaranse os mellores medios para acadar estes obxectivos mediante proxectos piloto e nunha segunda fase, realizarase un asesoramento a organizacións con capacidade multiplicadora dos 15 Estados membros.
A información complementaria pode obterse no servidor de
Cordis,o Servizo de Información Comunitaria de Investigación e Desenvolvimento(I+D).