A Asociación Cultural Almuinha de Marín mobilízase contra a visita de Felipe de Borbón, prevista para este venres, con futbolín, cea e música.
Ante a visita deste venres do príncipe español Feipe de Borbón a Marín para a entrega de despachos na escola naval, a Asociación Cultural Almuinha quere amosar o seu rexeitamento organizando un programa lúdico-festivo para a xornada no seu centro social. Pola tarde haberá un campionato de futbolín e a seguir, unha cea cun custe de cinco euros que rematará cunha pequena festa.
Para a AC Almuinha "a aceptación da monarquía, non é compatíbel na Galiza coa defensa dunha sociedade caracterizada pola igualdade de dereitos e oportunidades para todas e todos e co respecto dos dereitos políticos colectivos que como nación nos asisten, nomeadamente, o dereito de autodeterminación nacional".
A monarquía, acrecentan, "é debedora do réxime anterior" xa que o rei Juan Carlos I "ten xurado os principios do chamado 'movimiento nacional' do ditador español Franco". Por iso, convidan os veciños de Marín a amosar o seu apoio á República Galega, pendurando bandeiras galegas nas suas casas e participando nos actos festivos programados.