Diarios de todas as tendencias políticas acusan a Berlusconi de querer coartar a liberdade de prensa coa ameaza de sancións.
Berlusconi
Os diarios non chegaron aos puntos de venda, nas televisións e radios non hai servizos informativos...Italia vive este venres un “silencio informativo” máis que elocuentes. Medios de dereitas, de esquerdas, a unidade é case total fronte á chamada 'lei mordaza' que ultima o goberno de Berlusconi e que ataca a un dos alicerces de calquera democracia: A liberdade de prensa. A partir de agosto, cando se agarda a aprobación da lei, os xornais non poderán publicar escoitas telefónicas dos sumarios xudiciais, limitando así o dereito dos cidadáns a coñecer determinadas investigacións xudiciais.
A nova norma sancionará con até 450 mil euros aos diarios que publiquen de xeito textual escoitas telefónicas. Os xornalistas que asinen a noticia poden ser condenados até a un mes de cadea e a multas.