Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DE CARA AO PERÍODO 2040-2060

A Comisión Europea recomenda aumentar a idade mínima de xubilación a 70 anos

O organismo aplaude o aumento da idade mínima para recibir unha pensión e considera que, a longo prazo, é imposíbel manter os 65 anos actuais.

Redacción - 13:50 07/07/2010

A Comisión Europea vén de bendicir o aumento da idade mínima para a xubilación. Logo de aplaudir os plans de moitos estados, que xa están a traballar nesta ampliación, dende Bruxelas afirman nun documento que a idade media de xubilación na UE deberá tender a ser de polo menos 67 anos nas vindeiras tres décadas (até o 2040) e que logo, no período 2040-2060, terá que chegar aos 70 anos.

O organismo recoméndalle aos países da UE que vaian ampliando progresiva e paulatinamente, segundo os condicionantes de cada un, a idade mínima de retiro laboral. No informe recoméndase “aumentar as vidas laborais para reflectir os continuos aumentos de esperanza de vida”.

As recomendacións coinciden cos plans do goberno español que xa anunciou que haberá que afrontar nos vindeiros meses unha reforma do sistema de pensións. O executivo de Rodríguez Zapatero quere unha ampliación progresiva da idade de xubilación até os 67 anos. Ademais poñerá enriba da mesa o aumento dos anos de cotización para cobrar a pensión máxima, que pasarían dos 35 actuais a 40.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: