Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR ORDE XUDICIAL

A policía prende o presidente da Deputación de Alacante

As forzas de seguridade teñen indicios da existencia dunha trama corrupta vinculada a concesións na xestión do lixo.

Redacción - 13:34 06/07/2010

O máximo representante político da Deputación de Alacante, José Joaquín Ripoll (PP), permanece detido nunha comisaría dende a mañá deste martes. Axentes da policía rexistraron a casa do alto cargo político, así como doutros políticos 'populares' do municipio de Oriola, onde estaría o cerne dunha suposta trama de corrupción vinculada coa concesión da xestión do lixo a determinadas empresas privadas. A policía, ademais da propia sede da deputación e do consistorio de Oriola, tamén está a rexistrar domicilios de empresarios locais.

Dáse o caso que Ripoll é un dos poucos dirixentes do PP da Comunidade Valenciana que está enfrontado co polémico Francisco Campas. Ripoll pertence aos partidarios do ex ministro Eduardo Zaplana e aproveitou o escándalo Gúrtel, que afecta directamente a Camps, para marcar territorio fronte ao seu rival.

Poden ampliar en Vilaweb.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: