Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Xunta cavilaría o copago sanitario

Porta aberta a que os pensionistas paguen as menciñas

A medida afectaría en principio a aqueles con pensións por riba da media, malia que os pensionistas galegos xa son os que menos ingresan do Estado.

Redacción - 10:50 06/07/2010
Pilar Farjas, conselleira de Sanidade

Pilar Farjas, conselleira de Sanidade

O copago sanitario volve á primeira plana esta terza feira ao fío dunha información publicada polo diario económico Expansión, que peneira a nivel estatal as posicións de diferentes gobernos autonómicos ao respecto desta posibilidade. Segundo o xornal, cinco comunidades son agora mesmo favorábeis a abrir o furado do copago sanitario: Galiza, Asturias, Euskadi, Castela e León, Murcia, Madrid, a Comunidade Valenciana e Cataluña.

Trataríase de xeito específico do copago de menciñas no caso dos pensionistas e, inicialmente, só se fala de que pasen a aboar os medicamentos aquelas persoas xubiladas que cobren pensións por riba da media. Mais podería ser un chanzo cara a novas medidas, expostas nos últimos tempos por outros representantes políticos, que proporían por exemplo o cobro dunha cantidade simbólica por cada consulta no servizo sanitario público. Un sistema que, argumentan, serviría para reducir listas de espera ou o presunto abuso do servizo.

Non hai moito tempo, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asegurara en público que o seu departamento non é agora mesmo favorábel ao copago. Consultada a consellaría ao respecto a primeira hora deste martes, de momento a Xunta nin confirma nin desmente a posibilidade. En todo caso, hai que lembrar que os pensionistas galegos son os que menos cobran do Estado, arredor de 150 euros menos que a media estatal.

A reportaxe completa en Expansión.


2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: