Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO AMBIENTE E ECOLOXÍA

Adega pecha o seu ciclo de roteiros cun percorrido reivindicativo no Xallas

O río está ameazado polas pretensións económicas de Ferroatlántica, que quere construír outras tres novas centrais hidroeléctricas.

Redacción - 10:00 27/06/2010
Foi moi comentada a inauguración de Fraga fixo da fervenza, despois dunha concesión hidroeléctrica

Foi moi comentada a inauguración de Fraga fixo da fervenza, despois dunha concesión hidroeléctrica

O Xallas é o río con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacia Galiza-Costa. Porén, na actualidade aínda está ameazado polos obxectivos económicos de Ferroatlántica, que ten proxectos para a construción de outras tres novas centrais nun treito do Xallas que xa conta con cinco aproveitamentos hidroeléctricos e catro encoros.

O colectivo ecoloxista Adega, quen xa denunciou en varias ocasións que a concesión de novos aproveitamentos neste río impiden a capacidade da súa recuperación ambiental comprometendo gravemente a súa viabilidade ecolóxica, organiza este domingo un roteiro reivindicativo en defensa do Xallas.

Esta será a última rota que organiza Adega este ano, despois de percorrer diferentes territorios naturais da nosa xeografía. Dende o colectivo subliñan que “a paisaxe e a natureza destes lares é espectacular” e que o camiño ofrecerá a posibilidade de observar algúns dos poucos treitos de río virxes que se conservan ou contemplar a Devesa de Anllares, única por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa.

O inicio do roteiro terá lugar en Ponte Olveira, no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría, se ben hai autobuses que saen dende Lugo (Escola de Maxisterio) e dende Compostela (Pazo de Congresos). O percorrido será aproximadamente de 15 quilómetros á beira do Xallas, de dificultade media-baixa e trazado suave.

  • Podes acceder a toda a información do roteiro na web de Adega.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O río Xallas é o sistema fluvial con maior potencia instalada dentro dos sistemas de explotación hidroeléctrica das bacías de Galiza-Costa
O río Xallas é o sistema fluvial con maior potencia instalada dentro dos sistemas de explotación hidroeléctrica das bacías de Galiza-Costa
Son 134 MW o que supón o 28,13% do total da potencia instalada en Galiza-Costa repartidos en catro centrais
Son 134 MW o que supón o 28,13% do total da potencia instalada en Galiza-Costa repartidos en catro centrais