O atletismo galego estivo discrteto nos mundiais de cross, celebrados esta fin de semana en Irlanda do Norte. O vigués Carlos Adán acabou 28º na carreira longa de 12 kilometros e a ferrolá Rocío Rodríguez Longa foi 86ª.
Con distintos obxectivos ían a Belfast os nosos atletas ó mundial. Adán quería ser un dos mellore s españois e foi o cuarto perante dun intratable Julio Rey. Aínda así os grandes dominadores do mundial foron os kenianos, gañadores de tódalas categorías. Rocío Rodríguez non preparou esta proba de ahí o resultado final, lóxico cando vai atacar a tempada ó aire libre. Na categoría junior había presencia galega con Pedro Nimo. Este xoven rapaz foi 32º, segundo europeo e primeiro do selecionado español.
Outros galegos con competición atletica foron Alexandre Gómez, gañador da media maratón de Azpeitía e Esther Pedrosa segunda nunha proba madrileña.