Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DO DE FÚTBOL

Chega o Mundial de Mariachis

Participan na disputa deste primeiro concurso internacional 33 equipos de 18 países, que loitarán por ser o mellor mariachi de fóra de México.

Redacción - 11:05 24/06/2010

Imaxinan o clásico “El Rey”, de José Alfredo Jiménez interpretado por un xaponés? Pois esta é unha das posibilidades que se abre coa celebración do que xa se coñece como o Mundial dos mariachis. Xa identificado como un símbolo da cultura mexicana, este xénero musical será interpretado por canadenses, xaponeses, belgas ou croatas, entre outros, no Primeiro Concurso Internacional deste xénero musical que vén de convocar o Instituto de Mexicanos no Exterior (IME).

En concreto, xa están clasificados 33 equipos de 18 países diferentes (Perú, Honduras, Colombia, Ecuador, Arxentina, Bolivia, Uruguai, Cuba, Nicaragua, Estados Unidos, Canadá, Eslovaquia, Bélxica, Italia, Croacia, Alemaña, Suecia e Xapón), que demostrarán a súa destreza coa música tradicional mexicana.

É a primeira vez que se celebra este certame, que ten por obxecto promover un dos símbolos máis coñecidos de México, e que se realiza nos mesmos días nos que se celebra o Mundial de fútbol de Suráfrica. O período de inscricións xa está pechado e requiría enviar un vídeo coa interpretación dunha canción mexicana, en español, e cos instrumentos máis propios do mariachi: guitarras, violíns e trompetas, entre outros.

Agora estes vídeos xa se poden ver na páxina web do IME, polos que xa se pode votar. As votacións para o gañador deste primeiro Mundial de Mariachis conclúen o vindeiro 15 de xullo. A partir de aí, os tres grupos con maior número de votos, xunto con outro que elixirá o xurado, viaxarán a México para cantar en escenarios de cinco estados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo 1: Serenata Huasteca - Mariachi Samurai de Xapón

Vídeo 2: La Bikina - Mariachi sen Fronteiras de Eslovaquia