Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONGRESO

PP, CiU e PNV danlle carta verde á tramitación da reforma laboral

Nos vindeiros días comezarán as negociacións que permitirán incorporar emendas dos grupos parlamentarios.

Redacción - 12:57 22/06/2010

A abstención das formacións de centro-dereita presentes no Congreso van permitir que a tramitación parlamentaria por vía de urxencia da reforma laboral saïa adiante. PP, CiU e PNV permitirán que os votos do PSOE sexan abondo para que o novo texto entre en vigor en breve. Logo da votación desta tarde, comezará unha serie de contactos entre os grupos parlamentarios para ver de incorporar emendas ao texto definitivo. Forzas de esquerda como IU ou o BNG xa anunciaron que rexeitarán a proposta.

Mais aínda que o vento sopra a prol dos plans do goberno español, dentro do PSOE hai certa incomodidade coa nova proposta laboral. O posicionamento público máis significativo é o do deputado socialista Antonio Gutiérrez. O que fora secretario xeral de Comisións Obreiras xa anunciou que non votará a favor do texto que propón o goberno e así llo fixo saber xa ao seu coordinador de grupo. A única dúbida é se Gutiérrez vai optar pola abstención ou se se decanta por un voto negativo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: