Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na súa XXVI edición

O arquitecto Manuel Gallego Jorreto, premio Celanova Casa dos Poetas

Pola súa dignificación da cultura galega "dende un ámbito tan complexo e mesmo tan ensarillado no noso ser social como é a arquitectura".

Redacción - 16:25 16/06/2010
Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto

A Fundación Curros Enríquez acordou outorgarlle este ano o seu premio "Celanova, Casa dos Poetas", ao arquitecto e urbanista Manuel Gallego Jorreto, pola súa contribución á dignificación da cultura galega e de Galiza. Na súa acta, o xurado presidido por Antonio Mouriño, salienta que Gallego Jorreto forma parte desa xeración de galegos da posguerra "que tiveron que formarse fóra da súa terra natal, pero que logo retornaron a ela co firme compromiso de contribuír, co seu traballo e dende a súa perspectiva profesional, a prol da afirmación da personalidade de Galiza como pobo".

Expoñen ademais que o galardón deste ano foi decidido coa intención de abrir unha "nova vía de gratitude" e recoñecemento, conscientes de que "non só dende a literatura ou as artes se pode servir a Galiza e á cultura galega". Subliñan desde a Fundación Curros que dende calquera ámbito profesional, "dende a arquitectura á medicina e dende a ciencia ás novas tecnoloxías pasando polo máis humilde dos oficios, se pode cumprir con ese compromiso de facer que Galiza sexa cada día un pouco máis Galiza".

A entrega do galardón terá lugar na Casa dos Poetas o día 5 de setembro, domingo seguinte ao día 31 de agosto (data do cabodano de Celso Emilio Ferreiro), a partir das 11h30. Nese acto farase entrega da medalla de prata conmemorativa do galardón, obra do escultor ourensán Acisclo Manzano, na que se fai un alegato simbólico á figura dos tres grandes poetas de Celanova.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: