Nos seus sete anos de andaina, a enciclopedia libre en galego ten 20 mil usuarios rexistrados.
Hai algo máis de sete anos (un 8 de marzo de 2003) nacía a Galipedia, a versión da Wikipedia na nosa lingua. Dende aquela, a enciclopedia libre en rede non deixou de medrar. Esta semana hai que destacar un dato: xa son 60 mil os artigos diferentes que existen.
O obxectivo segue a ser o mesmo: contar cunha enciclopedia colaborativa en galego coa que abarcar máis coñecementos. Na actualidade os usuarios rexistrados na Galipedia xa son 20 mil, os administradores son dez e o de usaurios activos (aqueles que teñen levado a cabo unha acción no último mes) 328.
Parabéns ao saber na rede!!!