Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promoción turística

'Todo é natural': O bus de LugoTerra remata camiño na Coruña, Ferrol e Santiago

Milleiros de persoas achegáronse ao vehículo que promocionou a provincia en España e Portugal e que agora volve a Galiza.

Redacción - 11:30 14/06/2010
Tags: Lugo turismo

Lemas como 'E para comer, Lugo', recibiron aos visitantes do bus Lugoterra, impulsado pola Deputación de Lugo para promocionar turisticamente a provincia en Galiza, España e Portugal. Desde o pasado mes de maio o vehículo estivo nas cidades de León, Zamora, Valladolid, Madrid, Fuenlabrada, Móstoles, Salamanca, Porto, Braga, Ourense, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. O seu percorrido finaliza esta semana com paradas sucesivas na Coruña, Ferrol e Santiago.

No seu interior, os visitantes teñen abundante información impresa, tanto folletos das distintas comarcas como outros máis específicos, con suxestións para facer escapadas pola provincia e rutas de sendeirismo pola zona sur. Información das denominacións de orixe de produtos de calidade, a terceira edición da guía 'E para comer, Lugo', da Asociación de Empresarios de Hostelería, etc.

Segundo nos contan, as persoas que se achegaron ao autobús até o de agora amosaron especial curiosidade por exemplo polas comarcas da Mariña e Terras do Miño, ou polas posibilidades de turismo termal o termalismo nos balnearios de Lugo e Guitiriz. No bus proxéctase un DVD de cinco minutos de duración no que se percorre en coidadas imaxes as distintas comarcas da provincia de Lugo e agasállase os visitantes cun amplo surtido de material promocional.


CALENDARIO FINAL
A Coruña. 14 e 15 de xuño
Ferrol. 16 e 17 de xuño
Santiago. 18, 19 e 20 de xuño


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: