Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Proxeccións e concertos

'Festa non conciliada' no noveno aniversario do Cineclube Compostela

O evento inclúe a presentación da publicación colectiva 'Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural'.

Redacción - 17:25 05/06/2010

O Cineclube de Compostela celebra este sábado a súa festa de noveno aniversario, que leva por nome Festa non conciliada, e que se desenvolverá no Centro Social O Pichel da capital, na rúa Santa Clara.

Constará, como noutras ocasións, de proxeccións e concertos, coa novidade da presentación da publicación colectiva Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, a cargo do crítico literario Isaac Lourido, ás 20.00 horas.

O libro pretende tratar temas arredor da resistencia, as marxes, a contra e outros conceptos diametralmente opostos á ditadura do beneficio e a explotación do home polo home, así como diverxentes da cultura como industria.

Ás 20:30, proxectaranse os filmes musicais The Cramps: Live at Napa State Mental Hospital , filmación do concerto de balde que deron The Cramps nun sanatorio mental de California (EUA) en xuño de 1978, e zortzi / bederatzi, curtametraxe sobre o grupo vasco Lisabö.

Por último, ás 22.30 comezarán os concertos, con Urro (trío compostelán de música experimental e improvisación), Emilio José (que acaba de actuar no Primavera Sound en Barcelona) e Los Ruines (banda de rock'n'roll formada no 2004 en Cerdido).


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: