Un reggae combativo de 'Trapallada' para espantar as calores na Galiza tropical.
"Xa que se presenta un verán tropical no país, que mellor cun suave reggae combativo pra paliar a calor!". Así nos presenta os mozos de Trapallada este seu ghit 'Moito Camiño Por Facer'.
Ao seu ritmo desembarcan en A Polo Ghit 2010 desde Monte Alto. E nunca unha trapallada soou tan ben! "Trapallada é unha banda do barrio obreiro de Monte Alto na Corunha, formada no ano 2004, a sua música é unha mistura entre ska, punk e raíces. Moi influenciados por grupos da terra coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira ou Skarnio, e tamén con outras bandas non galegas coma Kortatu, Non Servium, Skalariak e un longo etc...".
Trapallada son: Jorge (Guitarra, voz e coros), Marcial (Voz, guitarra e coros), David (Batería), Pedro Alberte (Baixo e coros poderosos), Inés (Trompeta), Arnaud (Trombón), Rafa (Saxo).