 
Nesta primeira quenda de votacións, os Ulträqäns foron os favoritos dos internautas. Os marcadores volven agora a cero. Esperamos novos votos!
"Xogar a quimbumbia, xogar a billarda". O retrouso dos Ulträqäns triunfou nesta primeira oportunidade para os seareiros de A Polo Ghit de votardes as vosas pezas favoritas. A retranca e irreverencia punk posta ao servizo da LNB. Un éxito que coincidiu no tempo coa Gran Muiñada 2010 dos play offs nacionais de Conxo (seguimento na bitácora O Varal), que desta volta tivo banda sonora con selección de ghits desta e das edicións anteriores do certame musical.    
  
  Ulträqäns son: Antón Díaz, Baixo Fretless, Contrabaixo electroacústico e voz; Francisco Amil, Batería, programacións e voz; Tomás Saiz, Acordeón, piano e coros; Tino Vilaró, Guitarra eléctrica e coros; Aarón Bouzón, Frauta traveseira, Whistles, Gaita, EWI 4000s, theremin e coros.   
  
  O primeiro top 5 saído das votacións é o seguinte:   
  
  1.A Quimbumbia, dos Ulträqäns 
  2.A Marajota, de O tren da unha show 
  3.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso   
  4.Dá Tanto, de Nºlºs 
  5.Máis Non, de Paris Joel  
  
  Xinzo, Mugardos, O Bierzo ou Narahío serán algunhas das oportunidades onde ver en directo os  Ulträqäns nas próximas semanas. Pito de Pikasso teñen datas pechadas en Compostela, Moraña ou Ribeira e Paris Joel tocará en Sada varias veces entrando o verán. Nas webs dos grupos poden consultar a última hora das súas actuacións.   
  
  E seguimos agardando pezas. Velaquí as bases de A Polo Ghit 2010. Agora, o marcador de votos volve poñerse a cero. Podedes votar xa as vosas preferencias na procura do que será o primeiro ghit do mes de xuño.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto