Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DO BNG

Este verán pecharanse o dobre de camas nos centros hospitalarios

Os nacionalistas acusan o Goberno de reducir a atención sanitaria cun “afán de austeridade” que levará a Xunta a non substituír ao persoal en vacacións.

Redacción - 12:30 29/05/2010

Despois de que a Xunta anunciase o peche do Hospital Piñor de Ourense durante os meses de verán, o BNG alerta da redución de número de camas nos centros hospitalarios galegos por mor das vacacións estivais. A portavoz de Sanidade do Bng, Ana Luísa Bouza, advertiu que o Goberno ten pensado un “peche masivo” de camas para este verán, unha cifra que estimou que alcanzará o dobre da do ano pasado, en torno a un milleiro.

Atendendo ás cifras confirmadas até o de agora, xa é oficial o peche de 720 camas hospitalarias, das que, por exemplo 528 pertencen á comarca de Vigo (unha cifra que supera ao total de Galiza de 2008). Mentres, falta aínda por saber cal será a redución noutros complexos hospitalarios como Ferrol, Pontevedra, o Hospital da Costa ou o de Monforte.

A deputada nacionalista atribúe este “peche masivo” a que o Goberno “non ten intención de substituír ao persoal sanitario de vacacións”, o que cualificou como “un afán de austeridade no capítulo de persoal que vai supoñer un impacto negativo sobre as persoas que están agardando por consultas, probas diagnósticas ou por unha operación”.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: