Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CONSECUENCIAS POLÍTICAS DA CRISE

As enquisas sitúan o centrodereita portugués ás portas da maioría absoluta

O estudo demoscópico foi feito na mesma semana que o socialista José Sócrates anunciou drásticas medidas contra a crise.

Redacción - 11:00 29/05/2010

A crise económica que vive Portugal está a pasarlle factura, e moita, segundo as enquisas, ao primeiro ministro socialista José Sócrates. O xornal Diario Económico deu a coñecer esta semana unha enquisa da empresa Marktest que asegura que o Partido Social Demócrata (centro-dereita) estaría a piques de conseguir a maioría absoluta de celebrarse eleccións nestes momentos.

A sondaxe estima que os de Pedro Passos Coelho conseguiría un 43,9% dos votos fronte aos 27,6% do Partido Socialista. O estudo demoscópico fíxose entre o 18 e 20 de maio, cando o goberno Sócrates viña de anunciar medidas para recortar o déficit pública (entre elas a suba dos impostos directos).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: