Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

O Parlamento rexeita as palabras machistas de Pedro Arias

O deputado popular tivo que retirar as verbas nas que identificaba a esquerda cun "médico rodeado de enfermeiras cañón".

Redacción - 09:00 27/05/2010
As palabras de Pedro Arias foron retiradas do diario de sesións

As palabras de Pedro Arias foron retiradas do diario de sesións

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, ordenou retirar do diario de sesións polo seu carácter machista as palabras do deputado popular, Pedro Arias, nas que chegou a empregar termos como “unha enfermeira cañón” ou cualificou de “sexo escuro” o feminino.

En concreto, Arias empregou estas verbas no debate dunha interpelación do BNG á conselleira de Facenda sobre a crise económica. O popular utilizou a “metáfora” de “enfermeiras cañón” nun símil no que comparaba ao goberno español cun médico que, pode telo todo e, aínda así, acabar por “matar” ao paciente pola súa “incompetencia”. Cando foi interrompido e increpado por varias deputadas da oposición, aínda engadiu (sempre en castelán): “todos somos un tanto incomprensíbeis, temos unhas zonas de sombra, non só as mulleres sodes o sexo escuro”.

Contra o decoro da Cámara

As protestas da oposición levaron a Rojo a interromper o pleno e a apercibir a Arias, considerando que as súas afirmacións ían “contra o decoro”. Pedro Arias aceptou a decisión de retirar as súas palabras do diario de sesións e xustificou a súa actuación asegurando que só recorría a un “estereotipo” para a construción do seu discurso. A maiores, insistiu en aclarar que a expresión “sexo escuro” para referirse ás mulleres “é de Freud”.

Ao remate do pleno, a nacionalista Ana Pontón e a socialista Mar Barcón censuraron as palabras do deputado popular, a que acusaron de “persoa sexista e rancia”. Ambas as dúas exixiron que non volvan usarse expresións machistas no hemiciclo.


2,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: