Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Faragulla na redución do gasto público

E logo dun par de anos de crise, alcaldes e deputados aceptan recortaren soldo

A FEMP acordou que rexedores cobren até un 15% menos. No Congreso, os grupos deixan o recorte dos deputados nun 10%.

Redacción - 19:15 25/05/2010

A Federación Estatal de Municipios e Provincias (FEMP), decidiu que os salarios dos cargos electos nos municipios se reduzan en porcentaxes que van desde o 0,56 até o 15%. Dada a disparidade e ausencia de regulamento nos salarios, a FEMP usara como referencia os do executivo español, de xeito que os alcaldes con soldo equivalente ao do presidente do goberno español cobrará un 15%, os que ingresen de xeito similar a secretarios de Estado verán reducido o soldo un 10% e dese xeito progresivamente até a redución mínima do 0,56%. Do mesmo xeito, acordaron conxelar os salarios en 2011.

De xeito paralelo coñecíase este martes que a xunta de voceiros do Congreso decidiu que os deputados cobren un 10% menos. Serán xa que logo 312 euros menos cada mes sobre o salario de 3.126,52 fixado para os parlamentarios estatais hai xa dous anos. Hai que recordar que os representantes cidadás reciben a maiores diversos complementos, sobre os que tamén se anunciaron recortes.

O PSdeG propón recortes en Xunta e Parlamento
Mentres, no Parlamento de Galicia, o PSdeG propoñía esta terza feira unha redución do 15% nos salarios dos altos cargos da Xunta e organismos dependentes e un recorte da mesma porcentaxe nos soldos que cobran os propios deputados. Un axuste salarial que, segundo explicou o voceiro do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, debera incluír tamén os membros do persoal eventual de gabinete de consellarías e organismos, entes e sociedades dependentes "cunha redución proporcional á dos funcionarios de similar salario".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: