Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREMIO DE ENSAIO

Un traballo sobre a idea da 'nación española' na prensa galega de comezos do século XIX gaña o Manuel Murguía

O galardón foi para a historiadora Sabela Taboada, que analiza o período de 1804 a 1814.

Redacción - 16:35 25/05/2010

A obra “A idea de nación española: liberais versus absolutistas na prensa galega da Guerra da Independencia (1804-1814)”, da historiadora Sabela Taboada González, gañou co voto unánime do xurado o oitavo Premio de Ensaio “Manuel Murguía” que organiza a Deputación Provincial da Coruña e que está dotado con 6.500 euros e coa publicación dun libro.

Ao certame presentáranse dez ensaios chegados de diferentes comarcas de Galiza. O presidente do organismo provincial, Fernández Moreda, sinalou, citando palabras da propia autora que a obra “trata dun periodo moi estudiado da historia do noso país, pero dende un novo punto de vista, xa que aparte da análise política realízase unha análise sociocultural deste periodo da historia”. O xurado destacou a “metodoloxía contratada” e o feito de que o ensaio é de interese “tanto para expertos coma para curiosos”.
 


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: