O cineasta faise co galardón que concede a Federación Internacional da Crítica de Cine.
O filme Todos vós sodes capitáns, do director galego Óliver Laxe vén de recibir un dos grandes premios do circuito de cine europeo. A Federación Internacional da Crítica de Cine (Fipresci) reparou na calidade dun filme que, aínda que rodado con medios máis que escasos, está a ter un éxito extraordinario. A peza, que está a medio camiño entre a ficción e o documental, está tamén nas quinielas gañadoras do premio Cámara de Ouro de Cannes.