Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO TRIBUNAL PENAL INTERNACIONAL

O xuíz Garzón traballará na Haia, mais apenas como asesor externo da Fiscalía

O Consello Xeral do Poder Xudicial deu a autorización co voto favorábel de tres vogais e a obxección doutros dous.

Redacción - 09:45 19/05/2010

A comisión permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) autorizou ao xuíz Baltasar Garzón a trasladarse á Haia para traballar como asesor externo do fiscal do Tribunal Penal Internacional (TPI), Luis Moreno Ocampo. A decisión tomouse por tres votos a favor e dous en contra.

Esta fórmula intermedia négalle ao xuíz a posibilidade de pasar da situación de suspendido á comisión de servizos, como pedira. Mais, recoñece que non hai obstáculo legal para que o contraten, se ben segue suspendido como xuíz. O CXPX buscou este sistema despois de que a maioría dos vocais se negasen a concederlle a excedencia por servizos especiais. Nesta situación, manterá a súa praza na Audiencia Nacional e, se é absolto no seu día, poderá volver a esta instancia se así o quere.

A saída do xuíz foi autorizada co apoio do presidente do Consello, Carlos Dívr, e dos vocais Margarita Robles e Manuel Almenar, do sector progresista e conservador respectivamente. Antonio Dorado, desta mesma corrente, e Almudena Lastra, do progresista, votaron en contra, se ben por razóns opostas. O primeiro explicou que entende que o acordo debeu limitarse a denegar a Garzón a situación de servizos especiais, e a segunda, porque estima que debeu concedérselle sen máis.

A comisión reuniuse na tarde do martes despois de recibir os cinco informes que solicitara ao TPI, ao Tribunal Supremo, ao fiscal xeral do Estado, ao Ministerio de Asuntos Exteriores e á secretaria xeral do propio CSPX o pasado venres. Todos os dictames avalaron a petición de Garzón, agás o do Poder Xudicial.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: