Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
(Con rimas mellores ca esta)

"Se a Oxford queres ir de profesor | non abonda con seres o mellor"

Son 11, mais apenas pode ficar un. A oposición para o posto de docente de Poesía na prestixiosa universidade inglesa dirímese a golpe de verso.

Redacción - 19:00 18/05/2010
Geoffrey Hill, un dos candidatos

Geoffrey Hill, un dos candidatos

A praza de profesor de Poesía na Universidade de Oxford está en xogo: 11 son os contendentes, e as palabras feitas verso, armas na batalla. Curioso xeito de dirimir que persoa ha ocupar o posto os vindeiros cinco anos nun dos centros académicos máis prestixiosos do mundo.

O currículo non chega neste concurso oposición onde os aspirantes -Geoffrey Hill e Michael Horovitz, entre outros- tiveron que defender a súa valía para o posto non só en prosa, segundo informa o xornal inglés The Guardian (que ten candidato de seu).

O gañador da praza coñecerase o vindeiro 18 de xuño. Dous días antes rematará a votación que comeza este venres, e onde os graduados en Oxford serán os encargados de o elixir. Hill, o máis recoñecido dos once parte como favorito, aínda que non en Facebook: 227 membros prefíreno ao resto, mentres que son 317 que se decantan polo poeta Steve Larkin.


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: