Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mais do Sáhara Occidental non se fala

O goberno español reafirma a "absoluta españolidade" de Ceuta e Melilla

O primeiro ministro de Marrocos, Abbas El Fassi, reivindicou de novo este luns a soberanía sobre as dúas cidades.

Redacción - 11:00 18/05/2010
El Fassi (esqu.) e Zapatero

El Fassi (esqu.) e Zapatero

O Ministerio español de Asuntos Exteriores reafirmou este martes a "absoluta españolidade" de Ceuta e Melilla, logo de que o goberno de Marrocos reclamase abrir un diálogo para acabar coa ocupación das dúas cidades autónomas.

Exteriores cre que a petición feita polo primeiro ministro marroquí, Abbas El Fassi, ante a Cámara de Representantes responde á "tradicional posición" do reino alauí sobre Ceuta e Melilla e "non representa ningunha novidade", informan axencias españolas.

El Fassi, nun discurso de balance da metade do seu mandato, considerou "anacrónico co espírito dos tempos e coas relacións estratéxicas de boa veciñanza" que o Estado español "negue a Marrocos o dereito a recuperar" os dous territorios.

Porén, o mandatario non fixo referencia á ocupación marroquí do Sáhara Occidental nin á negativa do goberno alauí -en contra das resolucións internacionais- a que neste territorio se organice un referendo sobre a independencia.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: