Colectivos diversos seguen as mobilizacións contra unha mina que está tamén no punto de mira da Fiscalía.
Este sábado ten lugar o roteiro reivindicativo polo Pico Bello. Serán algo menos de 3 km sobre pistas e camiños a través dos cales os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello. Está confirmada a participación de varios expertos que informarán sobre os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a morfoloxía do Fontardión (no que nacen ata 6 ríos e regatos), a fauna e a flora da zona e aspectos etnográficos como o aproveitamento dos soutos, a xestión dor regadíos, o funcionamento dos muíños... Pola tarde, visita ao Museo Etnográfico d'A Capela.
Lembrámoslles que hai poucos días colectivos contrarios á instalación da mina de andalucita nas Fragas do Eume presentaron perante a Fiscalía Ambiental documentación coas irregularidades que observaron na tramitación do proxecto. Ao fío, a Fiscalía decidiu abrir dilixencias para investigar o proceder da administración no caso, polo que lle solicitará máis información.