Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na procura de novas voces literarias

Elena Veiga e Andrea Maceiras, finalistas do Premio Biblos 2010

A escritora Fina Casalderrey será a titora que axude a finalizar a obra da gañadora do certame que organizan Biblos e Pazos de Galicia.

Redacción - 12:15 14/05/2010

Morto en fucsia, de Elena Veiga Rilo, e A caixa da memoria de Andrea Maceiras Lafuente, son os proxectos de obra literaria en proceso que abrollaron como finalistas do Premio Biblos-Pazos de Galicia nesta súa edición 2010. Así o decidiu o xurado, integrado pola que será titora da gañadora, Fina Casalderrey; por Pablo García Martínez como autor galardoado na anterior edición, e por Tucho Calvo en representación da editorial Biblos Clube de Lectores.

O fallo desta sexta edición do certame coñecerase a mediados de xullo na tradicional cea literaria da Casa Grande do Bachao. Andrea Maceiras Lafuente (6-11-1987), de Pravio-Cambre, é licenciada en Filoloxía Hispánica e estuda mestrado para Ensino Secundario e Filoloxía Galega na Universidade da Coruña. Elena Veiga Rilo (17-1-1991), de Guísamo, é estudante de primeiro de Filoloxía Galega tamén na Universidade da Coruña.



4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: