Óscar Ibáñez & Tribo ofrecen a súa proposta musical, que mestura sons tradicionais, clásicos e do jazz nun irmandamento da cultura atlántica.
O Auditorio de Ribadumia acollerá este domingo un novo concerto de Óscar Ibáñez & Tribo, una banda folk integrada por recoñecidos músicos galegos procedentes dos máis variados eidos musicais, nomeadamente o tradicional, o clásico e mailo jazz.
Óscar Ibáñez (gaita e frautas), Fernando Fraga (acordeón), Carlos Calviño (guitarras) e Andrés Vilán (percusións) únense co reto de fusionar a música latinoamericana coa celta co fío condutor da música galega. Así, ofrecerán o irmandamento musical das culturas atlánticas e porán sobre o escenario as afinidades musicais dos dous continentes, nun espectáculo cargado de variedade, creatividade e orixinalidade.