 
 
Sigurður Einarsson, que fora presidente do despois nacionalizado banco kaupþing, está acusado de provocar a crise financeira de 2008.
 
											Orde de busca na web da Interpol
O goberno islandés emitiu unha orde de arresto internacional contra Sigurður Einarsson, que fora presidente da entidade financeira Kaupþing. A Interpol informou esta semana desa busca, que ten lugar no contexto dunhas investigacións para esclarecer os delitos bancarios que levaron á crise financeira de finais de 2008 en Islandia.
A web do corpo internacional amosa a orde de arresto emitida contra Einarsson, da que se di que foi presentada por un tribunal de Reykjavík baixo os cargos de falsificación e fraude. O fiscal designado en febreiro para investigar os presuntos delitos financeiros ordenou a detención do antigo director executivo e varios altos cargos de Kaupþing, unha entidade que foi á creba durante a crise islandesa.
O anterior director executivo da entidade, Hreiðar Sigurðsson, xa leva dúas semanas detido baixo as acusacións de falsificación, malversación e manipulación dos mercados. Outro executivo, Magnús Guðmundsson, que actualmente dirixe un banco privado en Luxemburgo, tamén foi arrestado. Un informe do Parlamento tamén chegou á conclusión de que un antigo primeiro ministro, un ex-presidente do banco central e outros cinco ex-funcionarios actuaran de xeito neglixente na prevención do colapso do sistema financeiro islandés.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto