Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ditame sobre o decreto das linguas no ensino

O Consultivo ve buratos legais no decretazo, mais a Xunta vese avalada

O informe do Consello Consultivo resólvese con advertencias sobre a posíbel ilegalidade dalgún dos puntos cos que teima a consellaría de Educación e suxestións de cambio.

Redacción - 11:15 13/05/2010

Á lista de reprensións que vai acumulando o decreto sobre as linguas no ensino, mediaticamente bautizado como 'decretazo', suma esta semana unha nova reprimenda: a do Consello Consultivo. Á espera de coñecermos o miúdo da avaliación realizada polo organismo consultivo transcendeu xa que a valoración advirte sobre furados que converterían en ilegais certos aspectos do texto. A xeito práctico, tamén incorpora suxestións para a modificación dalgúns pequenos puntos.

A consulta ás familias é un dos eixos sobre os que o informe do Consello Consultivo avisa negativamente. Tal e como xa se lle advertira á consellaría desde outras instancias o traslado a pais e nais da responsabilidade sobre unha decisión que afecta ao dereito básico á educación que debera xestionar o executivo é un aspecto de dubidosa legalidade. Ao respecto, fontes da Xunta citadas por Europa Press quítalle importancia ás amoestacións do Consultivo e aseguran que a xeito global o ditame avala o decreto e que non haberá problema para a súa entrada en vigor durante o curso 2010-2011.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: