Unha das maiores preocupacións que teñen as parellas que acaban de ter fillos é como atendelos no horario de traballo. Os prolongados horarios laborais, unidos aos desprazamentos que ocasiona o traballo, fan que a demanda de escolas infantís sexa altísima actualmente. Unha necesidade perentoria a de escolas infantís, que non deberan ser un mero aparcadoiro de nenos, senón un paso real na súa educación e socialización.
Hai dúas actuacións que debemos
diferenciar: unha é construír escolas,
outra xestionalas. Para iso a adminis-
tración pública ten tres alternativas:
1.- Concertar as prazas necesarias en
escolas privadas, a través dun proce-
so no que poidan participar todas as
escolas.
2.- Construír as escolas infantís públi-
cas necesarias e xestionalas por em-
pregados públicos.
3.- Construír as escolas infantís públi-
cas necesarias e xestionalas por em-
presas ou asociacións adxudicatarias,
ás que se lles valore non só o prezo,
senón tamén as iniciativas pedagóxi-
cas propostas. A escola é pública e a
xestión privada.
Hai unha solución mixta na que con-
vivirían as tres tipoloxías de escolas
infantís, que realmente é a que exis-
te actualmente. De calquera forma,
temos que asegurarnos de que o nú-
mero de prazas ofertadas cubre a de-
manda existente, algo que hoxe non
se dá. O ideal que nos debemos mar-
car é que as prazas ofertadas cubran
as necesidades dos nenos que requi-
ren atención especial.
O acceso ás escolas infantís
Pero non abonda con mellorar a ofer-
ta: debemos decidir cal vai ser a for-
ma de acceso dos nenos ás escolas.
Ese acceso tense que facer en termos
de igualdade: cada familia pagará por
tramos de renda fixados pola orde-
nanza municipal respectiva.
Non ten por que variar o acceso para
calquera das tres formas de xestión.
A única diferenza é que no primeiro
caso a Administración págalle á so-
ciedade propietaria da escola infan-
til, no segundo págalle aos emprega-
dos públicos que nela traballan e no
terceiro págalle á sociedade que a
xestiona.
A pregunta que me fago agora é: que
é privatizar este servizo? Desde que
perspectiva imos conxugar ese ver-
bo? Pensando no persoal que traballa
nas escolas ou no acceso dos nenos ás
escolas infantís?
Desde a primeira perspectiva, pri-
vatizar é consentir que haxa escolas
infantís públicas non xestionadas por
persoal público.
Desde a segunda perspectiva, pri-
vatizar é permitir que haxa familias
que, ante a falta de prazas públicas,
teñan que levar aos seus fillos a es-
colas onde pagarán máis do que lles
correspondería pola ordenanza mu-
nicipal. Convén aclarar que segundo
esta visión, son públicas todas as pra-
zas ás que accedemos pagando o que
estipula tal ordenanza, sexa privada
ou pública a escola que se nos asigna.
O centro do debate mediático é, con
demasiado frecuencia, a forma de
xestionar as escolas infantís. O ver-
dadeiro debate é se somos capaces
como sociedade de asegurar que cal-
quera neno que naza, teña unha pra-
za nunha escola infantil adecuada ás
súas características e pague segundo
a renda da súa familia (un prezo que
pode oscilar entre totalmente de bal-
de ou pagar o custo total desa praza).