Os traballadores gregos estaban convocados esta cuarta feira a unha folga xeral, amplamente secundada en todo o país.
Fortes enfrontamentos en Atenas
Tres persoas -unha muller e dous homes- morreron esta cuarta feira a causa do incendio provocado nun banco do centro de Atenas, segundo a Policía, supostamente por algúns dos manifestantes concentrados na capital para protestar contra as medidas de austeridade do Goberno, informaron os bombeiros.
"Atopamos tres persoas mortas no edificio que se incendiou", informaron os bombeiros nun comunicado. O incendio deixou atrapado un grupo de 24 persoas nunha oficina do banco Marfin, sinala Reuters. Os traballadores gregos estaban convocados a unha folga xeral, amplamente secundada en todo o país.