Aquí está a primeira das pezas inxectadas na caixa de correo 
apologhit@vieiros.com. En breve o resto e tamén a web oficial. Radio Apologhit 2010 xa enfornando.     
  "Ningún mellor que este expresa a nosa posición en relación á maneira de usar os medios públicos por parte do partido no goberno". Así o contan os mozos de 
Esquíos sobre o tema composto por Jorge Rodríguez baixo o título 'Berto Habichuelo'. Son directo, garaxeiro e cru cociñado desde A Estrada. Xa na xira 'Galician Carraxe Lavado e Engraxe 2010' ao longo do mes de maio haberá cando menos media ducia de ocasión nas que velos en directo: en Vigo na Sala Farándula (8 de maio) e no Centro Social A Revolta (14 de maio); na Sala Capitol, en Santiago (19 de maio), na Sala Badulake en Ordes (21 de maio) ou na sala Jazzmin, no Carballiño (28 de maio). A última hora no 
espazo en MySpace dos Esquíos.           
BERTO HABICHUELO
   Berto habichuelo, castelanum est  
   Berto habichuelo, castelanum est  
   fala galego e pensa en castelán  
   para gobernar non foi mal plan  
   ser do birrete nacendo en aldea  
   renegar da tua terra gobernando nela  
   Berto habichuelo, castelanum est  
   Berto habichuelo, castelanum est  
   Bailan o chotis alá nos Peares  
   Berto Habichuelo é o chulapo maior  
   alí dicen as vellas cando pasa o carón  
   “Que alto, que juapo é todo un señor”.  
   Berto habichuelo castelanum est  
   Berto habichuelo, castelanum est  
   		solo  
   prometeu   mercar o coche en Vigo  
   quen o vería pasear na berlingo  
   ten a doenza do que chega o poder  
   a memoria lle falla non lle funciona ben  
   Berto habichuelo castelanum est  
   Berto habichuelo, castelanum est