O conselleiro de Economía da Generalitat lanza reproches a Zapatero e recorda a reivindicación do PSC dun grupo propio no Congreso.
"Sorpréndeme e prodúceme certa estupefacción ver ás veces o xeito en que Zapatero fala deste tema como se non fose con el". Así de contundente valoraba nunha entrevista radiofónica os atrancos ao Estatut desde o Tribunal Constitucional o actual conselleiro de Economía do goberno catalán, Antoni Castells.
Considerado unha das referencias do sector máis catalanista do PSC, Castells non agochou o malestar do seu partido co PSOE diante do que entende que é unha posición moi pasiva do PSOE desde Madrid na defensa do Estatuto catalán. De paso, aproveitou para subliñar que os 25 deputados socialistas elixidos por Cataluña que sentan no Congreso non deberían dubidar en votar diferente que os seus compañeiros no grupo parlamentario do PSOE no caso de que fose necesario a prol do Estatut.
"Cataluña é moito máis importante que a vinculación do PSC co PSOE", advertiu Castells.
Para ampliar: