Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUSIÓN DAS CAIXAS

"Condicións impostas por Gayoso? Ningunha", di o presidente da Xunta

Feijoo asegura que as negociacións proseguen malia “os poucos aliados e os impedimentos” e agradece a “lealdade” do BNG.

Redacción - 18:35 22/04/2010

“O Goberno agardará ao esperado protocolo de fusión que saia destas negociacións”, dixo o presidente da Xunta ao respecto das conversas entre Caixanova e Caixa Galicia. Á marxe de presentarse como un espectador máis das negociacións, Alberto Núñez Feijoo asegurou este xoves que “seguen o seu curso”, iso si, matizou, “coa auditoría encargada pola Xunta como documento base”.

Feijoo negou que os directivos de Caixa Galicia e Caixanova fixesen requirimento algún para materializar a fusión: “condicións dos directivos? Ningunha” contestou ao ser preguntado sobre se o presidente de Caixanova, Xulio Fernández Gayoso, lle pedira algunha modificación na Lei de Caixas como condicionante.

Agradecementos ao BNG
Ao tempo que subliñou que as negociacións avanzan malia “os poucos aliados” e malia “os impedimentos que apoñen algúns”, Feijoo afirmou que, de materializárense, o protocolo de fusión será “aprobado” pola Xunta e producirá “efectos xurídicos”. Tamén aclarou que este acordo será comunicado ao BNG para que “faga a súa avaliación” antes de ser autorizado polo Goberno e amosou o seu agradecemento aos nacionalistas “pola súa lealdade coa palabra dada, coa lei consensuada e cos intereses xerais” de Galiza. “Se todos tivesemos a mesma lealdade, todo resultaría máis sinxelo”, engadiu.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: