Compostela acolle o seu primeiro ciclo de cantautores que traerá unha diversidade de propostas e músicos á cidade até o próximo 4 de xuño.
Será na compostelá sala Sonar, en Mazarelos, todos os xoves desde o 22 de abril e ás 22h30. Con só 5 euros como prezo da entrada, o público terá oportunidade de vivir as propostas que o Santiautor deseñou para as vindeiras semanas. O encargado de abrir o ciclo será o murciano Funambulista este mesmo xoves. Como mestre de cerimonias actuará tamén todas as semanas o cantautor ferrolán Andrés Suárez.
Trátase do primeiro encontro de cantautores organizado na cidade, co obxectivo de achegarlle aos afeccionados unha selección de diferentes propostas neste eido agora mesmo a nivel estatal. Está prevista a participación de Luis Ramiro (Madrid), Paco Cifuentes (Sevilla), Marwan (Madrid), Rafa Pons (Barcelona), Gastelo (Cantabria), Diego Cantero (Murcia) e Andrés Suarez (Galiza).
Para o último día haberá un festival especial no hall do Multiusos do Sar, con Carlos Chaouen como artista convidado.