Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Primeira feira do ano

Ferrol abre a primavera do libro

O ciclo anual de feiras do libro organizadas pola Federación de Libreiros bota a andar este mércores en Ferrolterra.

Redacción - 08:45 21/04/2010

A Vicente Araguas, nacido na veciña localidade de Xuvia, en Neda, tocaralle facer honores de pregoeiro na edición 2010 da Feira do Libro de Ferrol. Desde este mércores 21 e até o domingo 25 de abril serán cinco días de actividades culturais onde, co libro como protagonista, haberá tamén música, contacontos e obradoiros diversos.

A 'Festa da Lectura, do Libro e da Palabra' estará adicada nesta ocasión ao escritor local Juan Farias. Un "ferrolán universal" cunha importante traxectoria: Premio Estatal de Literatura Infantil e Xuvenil en 1980 ou Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil Edicións SM no ano 2005 polo conxunto da súa obra. Con tal motivo, o concello organizou unha exposición bibliográfica adicada ao autor na Biblioteca Central.

Doutra banda, hai que salientar que no acto de presentación da Feira, onde estiveron presentes o alcalde, Vicente Irisarri, a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández, e o director da Feira, Miguel Salas, tívose lembranza especial para dous ferroláns ilustres dos que vimos de conmemorar centenario de seu nacemento: Gonzalo Torrente Ballester e Ricardo Carvalho Calero. Nese sentido, o rexedor aproveitou para reivindicar que se lle adique o Día das Letras a Carvalho Calero pola súa importante achega á cultura do país. Un recoñecemento que dixo confiar Irisarri, en que á fin chegue para o 17 de maio do vindeiro ano.

Máis información na web do Concello de Ferrol.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: